O Concello de Salvaterra de Miño vén de anunciar a apertura do parque infantil da Canuda «pola baixa incidencia de contaxios en COVID-19 no municipio»
No primeiro día de apertura da zona infantil da Canuda, centos de nenos e de nenas acudiron aos bambáns e aos tobogáns, aproveitando tamén as boas temperaturas e, no paseo fluvial que comunica o parque coas termas, había concorrenciai de persoas realizando deporte ou camiñando.
Así, o goberno de Salvaterra de Miño decide abrir a zona destinada aos cativos e ás cativas. Iso si, estará aberta de luns a sábado con fin de que non se produza agolomeracións posto que, segundo indican, «o municipio atópase no punto de mira de posibles centos de turistas de cara á fin de semana, o que supón un risco moi elevado na propagación da COVID-19» . Así que, neste sentido, o goberno decide tamén pechar o recinto os domingos.
O goberno de Salvaterra de Miño contextualiza esta decisión na actual situación da pandemia da COVID-19 que, aínda que é certo que a incidencia está baixando notablemente, «hai que continuar na liña da prudencia e actuar con sentidiño».