viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoNovas visitas guiadas no Rosal

Novas visitas guiadas no Rosal

- Serán todos os xoves de xullo e agosto ao Museo do Cabaqueiro pola mañá e aos muíños do Folón e do Picón polas tardes

O Rosal prepárase para un verán de turismo e lecer para gozar da natureza e da historia coñecendo un pouco máis o patrimonio cultural e etnográfico do municipio. O Concello xa ten en marcha de novo este ano visitas guiadas aos muíños do Folón e do Picón e ao Museo do Cabaqueiro, rutas de balde e abertas a todos os públicos que se celebrarán todos os xoves dos meses de xullo e agosto.


“Queremos brindar á veciñanza e ás persoas visitantes a oportunidade de mergullarse na rica historia do Rosal, descubrindo os segredos dos nosos muíños tradicionais e explorando as marabillas culturais que alberga o noso museo. Estamos comprometidos e comprometidas coa preservación e difusión do noso patrimonio e estas visitas guiadas son unha excelente maneira de acadalo”, salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS