viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsA RaiaO PP promete en Arbo buscar solucións as crecidas do caudal do...

O PP promete en Arbo buscar solucións as crecidas do caudal do Miño

- Ana Pastor: “É fundamental e clave para a riqueza do río e das especies, e por iso teñen que tomalo en serio. O río é riqueza natural, económica, cultural, social, turística...”

As candidatas ao Congreso e ao Senado, Ana Pastor e Nidia Arévalo, visitaron esta mañá a ribeira do Miño en Arbo para reunirse con alcaldes, voceiros e veciños dos concellos afectados pola problemática que supón a flutuación de caudais de crecida que, segundo explicou o alcalde local, Horacio Gil, supoñen un dano importante ao propio ecosistema do río, e especialmente á cría das especias piscícolas, na lamprea, pero tamén no salmón e no sábalo. Por iso, dixo que desde o Concello de Arbo veñen presentando alegacións aos plans hidrolóxicos para que se actualice a regulación de caudais pero, denunciou, desde o Goberno central e desde o Ministerio seguen sen responder nin atender a ningunha das súas peticións: que se fagan os estudos pertinentes e que se poñan os medios necesarios para coidar o río e preservar a biodiversidade, así como un proxecto integral do Miño e de depuración das augas.

Ana Pastor compartiu a preocupación dos concellos da ribeira do río, e comprometeuse “como sempre facemos con Arbo e esta comarca, a cumprir coa nosa palabra”. Nesta liña, recordou que durante os últimos cinco anos desde o PP se trasladaron e defenderon no Congreso e ao Senado varias problemáticas de Arbo. “O caudal do Miño é fundamental e clave para a riqueza do río e das especies, e por iso teñen que tomalo en serio. O río é riqueza natural, económica, cultural, social, turística…”. Por iso, reclamou que se teñan en conta e se responda ás alegacións que están facendo desde o concello.

Pola súa banda, Nidia Arévalo sinalou que é o momento de que en Madrid goberne Feijóo, “un presidente que coñece perfectamente Arbo, os nosos concellos, e as súas necesidades e preocupacións”. Por iso, dixo que “os galegos somos os primeiros que temos que votar con forza para que a xestión que se fixo en Galicia, para que a transformación que vivimos en Galicia, para que ese presidente único que tivemos en Galicia, agora sexa o presidente de España”. Por último, pediu non confiarse, “podemos ver as cousas ben, pero si queremos un cambio é necesario ir todos a votar o 23 de xullo”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS