lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO País15.000 profesores e profesoras de Galicia, xa vacinados contra a COVID-19

15.000 profesores e profesoras de Galicia, xa vacinados contra a COVID-19

Á espera de datos de vacinación efectiva, a resposta dos docentes á campaña supera o 90% nas súas primeiras xornadas, segunodo a Xunta.

A Xunta de Galicia prevé rematar a vacinación do persoal docente menor de 55 anos de centros públicos na primeira semana de marzo. De feito, a día de hoxe, preto de 15.000 profesores xa foron vacinados, un proceso que se intensificará a fin de semana, polo que a previsión é acadar as 20.000 persoas vacinadas o domingo.

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, deu hoxe traslado desta información aos membros do Comité Educativo, presidido polo conselleiro Román Rodríguez, aos que tamén informou de que, á espera de datos de vacinación efectiva, a adherencia á campaña superou o 90% nas súas primeiras xornadas.

Tras a vacinación deste primeiro grupo de prioridade, estase a deseñar a orde de vacinación do persoal docente do resto dos centros de ensino, así como do persoal non docente vencellado ao sistema educativo.

Por outra banda, no Comité Educativo informouse da habilitación dun correo electrónico e un teléfono de contacto para que, a través das direccións dos centros educativos, se informe á Xunta das posibles incidencias na campaña de vacinación, co fin de atendelas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS