viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoSeis plans para gozar da cultura en Tui no mes de marzo

Seis plans para gozar da cultura en Tui no mes de marzo

A próxima semana volve a programación ao Teatro Municipal de Tui con seis espectáculos que terán lugar entre o 4 e os 24 de marzo.

O Concello de Tui retoma a súa actividade cultural nunha aposta pola cultura segura cun estrito protocolo anticovid, e un aforo limitado ao 25%.

A primeira cita será o xoves, 4 de marzo, ás 18.30 horas, con Elisa Alfaya e Ian Hamilton de 2 Mind Combined, que achegarán un espectáculo de maxia e ilusionismo para todos os públicos.

Ao día seguinte, venres 5 de marzo ás 19.30 horas, La Quintana representan “O Premio”, unha comedia interpretada por Victoria Teijeiro Álvarez, Raquel Espada e Xurxo Cortázar na que o público será quen decida o final entre os tres posibles.

O xoves, 11 de marzo, ás 18.30 horas o público familiar a partir dos 2 anos será o destinatario da obra de monicreques “O lobo e a lúa” que achega Baobab Teatro.

O cinema estará presente o venres, 12 de marzo, as 19.30 horas coa proxección de “A illa das mentiras” de Paula Cons, e o xoves, 18 de marzo, ás 18.30 horas con “A Galiña Turuleca”.

A programación pecharase coa estrea de “Illas Desertas” de Artesa Cía, en dobre función, o martes 23 e o mércores 24 de marzo, ás 19.30horas. Neste caso o aforo estará limitado a 50 persoas cada día. Previa a estrea a compañía terá sete días de residencia no teatro tudense.

Reserva de entradas

A entradas para cada espectáculo poranse á venda o luns da semana da función e poderán mercarse so en liña en tui.gal até o propio día do evento unha hora antes do comezo. O aforo estará limitado a 148 butacas, agás para “Illas desertas” que será de 50 persoas.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS