domingo, noviembre 24, 2024
InicioActualidadeCulturaPonteareas quere reabrir a Axencia de Lectura da Casa Cultural de Areas

Ponteareas quere reabrir a Axencia de Lectura da Casa Cultural de Areas

- A alcaldesa, Nava Castro; o concelleiro de Cultura, Ricardo González; e a concelleira de Urbanismo, Silvia Fernández, mantiveron un encontro con representantes ca CCA de Areas para coñecer a situación na que se atopan as instalacións

O Concello de Ponteareas traballa xa na recuperación de espazos para veciños e veciñas nas parroquias. A alcaldesa, Nava Castro, acompañada do concelleiro de Cultura, Ricardo González, e da concelleira de Urbanismo, Silvia Fernández, mantiveron un encontro coa secretaria e a vogal da Casa Cultural e Artística de Areas, Sheila Martínez e Saray Martínez, para coñecer a situación na que se atopan estas instalacións e as súas necesidades.


Durante o encontro, a directiva salientou a situación na que se atopa a Axencia de Lectura instalada no centro, que leva anos sen dárselle o uso para o que fora concibido este espazo e ofreceu a súa colaboración para a reapertura deste espazo. Nava Castro agradeceu esta iniciativa e o comprometeuse a que o Concello colaborará coa Casa Cultural e Artística de Areas para a reapertura desta instalación cultural na parroquia.


“É fundamental aproveitar ao máximo os recursos culturais dos que dispoñemos na nosa vila. Por iso traballaremos en conxunto coa directiva desta casa cultural para recuperar un espazo pensado para o desfrute dos veciños e veciñas da parroquia, un escenario ademais inmellorable para brindar novas actividades para todos os públicos”, salientou a alcaldesa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS