domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTomiño da comezo a "Operación Triunfiño"

Tomiño da comezo a «Operación Triunfiño»

- A rapazada tomiñesa está a participar nesta experiencia de formación musical que rematará cun concerto aberto ao público este domingo 16 ás 11.00 horas

O Concello de Tomiño está a desfrutar da súa particular ‘Operación Triunfiño’. Rapaces e rapazas tomiñesas mergúllanse esta semana nunha experiencia de formación musical única cun completo programa no que aprender técnica vocal, desenvolver a súa actitude escénica
e ampliar o seu repertorio, fomentando o talento local e, por que non, brindando unha oportunidade a novas promesas.


Tras o éxito da súa primeira edición, a OMIX de Tomiño puxo en marcha de novo esta experiencia formativa coa que estimular o crecemento e desenvolvemento artístico da mocidade tomiñesa. Como sinalou a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, “é un orgullo poder brindar ás nosas e nosos novos talentos unha plataforma que lles dea visibilidade e unha experiencia única moi enriquecedora. Coa nosa particular ‘Operación Triunfiño’ promovemos a música e a arte como ferramentas para o desenvolvemento persoa e a
expresión creativa”.


Unha actividade que os oito rapaces e rapazas acolleron dende o primeiro día con emoción e coa ilusión de seguir aprendendo e poder compartir a súa paixón pola música, xerando grandes vínculos entre todos eles e elas e converténdose nunha gran familia musical.


O proxecto rematará cun gran concerto final o domingo 16 de xullo no que a rapazada participante amosará todo o aprendido durante a súa formación. Aberto a todos os públicos, as e os asistentes poderán desfrutar dunha peza cantada a coro e unha individual por cada persoa participante na experiencia escollidas por elas e eles mesmos.


O espectáculo final será a partir das 11.00 horas na Carballeira de Goián, ou no auditorio municipal no caso de choiva, con entrada libre.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS