viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoMáis de 30 curtas e documentais estarán presentes na III Mostra de...

Máis de 30 curtas e documentais estarán presentes na III Mostra de cinema do Rosal

- Organizado pola asociación Ghorghalado, o festival celebrarase do 27 ao 29 de xullo nos xardíns da casa rural Abadía de Eiras

Butacas listas para celebrar a III Mostra de cinema do Rosal, un festival organizado pola asociación Ghorghalado coa colaboración do Concello do Rosal que busca achegar ao público rosaleiro unha oferta cinematográfica difícil de atopar nos circuítos habituais. A mostra celebrarase do xoves 27 ao sábado 29 de xullo nos xardíns da casa rural Abadía de Eiras, ao aire libre, en horario nocturno e con entrada de balde.


O programa desta terceira edición contempla a proxección de máis de trinta obras
entre curtametraxes e documentais, a maioría delas de forte contido social, con
comedias intercaladas “porque cun sorriso a mensaxe transmítese mellor”. Serán
todas obras de grande calidade, aumentando aínda máis se cabe a calidade dos
traballos proxectado no festival.


Proxectaranse entre outras ‘El crédito’, cun sublime José Sacristán de protagonista,
ou ‘Mesa para tres’, con Luis Zahera nunha sorprendente actuación. Ademais, nesta
edición xunto a obras do territorio español poderán verse outras de Finlandia,
Portugal, Arxentina ou Irán, internacionalizando máis a mostra respecto ao ano
pasado.


Por outra banda, con ‘A falta de pan’, protagonizado por Álex Angulo, Carlos
Álvarez-Novoa e Amparo Baró, entre outros, a Mostra de cinema do Rosal inaugura
un novo apartado de curtametraxes xa veteranos. Con estas proxeccións o festival
quere achegar o seu gran de area para recuperar as obras que, a pesar da súa
innegable calidade, son descoñecidas para a maioría do público.


A III Mostra de ciname do Rosal arrancará o xoves 27 ás 21.00 horas coa
presentación da edición, á que seguirán as proxeccións da xornada. Mentres,
venres 28 e sábado 29 as proxeccións comezarán ás 21.30 horas. Finalmente, a
mostra despedirá a súa terceira edición o sábado cunha queimada.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS