«O comité de empresa de Gestamp Vigo, compañía do sector da automoción con sede no Porriño, vén de convocar dúas xornadas de folga ante os graves do convenio colectivo por parte da dirección». Os paros de 24 horas terán lugar este mércores 12 e o xoves 13, e incluirán concentracións ás portas das instalacións da firma no polígono industrial das Gándaras.
Segundo explican dende a CIG-Industria, a problemática laboral deriva dos cambios que a empresa está a aplicar de xeito unilateral en distintas categorías profesionais, o que se traduce nunha redución de salario para as persoas traballadoras afectadas.
En consecuencia, o comité de empresa (integrado por CCOO, CIG, UGT e CUT) decidiu promover as dúas xornadas de folga e as mobilizacións para forzar a empresa -que conta cun cadro de persoal de arredor de 280 traballadores/as- a dar marcha atrás na súa decisión. Os paros serán de 24 horas e afectarán as tres quendas de traballo.