«Celebrada a primeira reunión da Xunta de Portavoces do Concello de Ponteareas coas dedicacións exclusivas e parciais e, co fin de avanzar no diálogo coa oposición, a alcaldesa Nava Castro e o grupo de goberno municipal solicitan que tanto as dedicacións das distintas concellerías como os salarios, queden fora do debate político», din dende o Partido Popular.
«Por esta razón, o Partido Popular desexa rectificar públicamente o seu posicionamiento político mantido durante o anterior mandato 2019-2023, e ofrece as súas desculpas aos cargos públicos do mesmo co firme desexo de que a vindeira reunión permita acadar o consenso cos diferentes grupos políticos para desbloquear a situación actual do Concello polo beneficio de todas as veciñas e veciños», manifestan.