Os casos activos de COVID-19 seguen baixando en Galicia, ten aresotora 6.772 as persoas infectadas. Delas 585 requiren hospitalización, sendo 121 as que están graves e requiren cama en UCI, cifra superior ao pico da segunda vaga.
Hai 586 persoas hospitalizadas no país (-48): 465 persoas en planta (-36) e 121 nas UCI (-12). O descenso das UCI é boa sinal pero, ollo, porque aínda segue sendo superior ao pico rexitrado na segunda vaga da pandemia.
Nova xornada con datos positivos no relativo a pandemia en Galicia. Segundo o Sergas, hai 6.772 casos activos (-520), logo de 320 novos positivos detectados, 260 mediante probas PCR. Son case 13.400 casos activos menos que hai un mes.
Por áreas sanitarias, a repartición de casos é a seguinte:
A Coruña: 2.185 (-166)
Vigo: 1.056 (-71)
Pontevedra: 930 (-53)
Santiago: 742 (-65)
Lugo: 702 (-46)
Ferrol: 719 (-48)
Ourense: 438 (-71)
As mortes non se deteñen. Galicia acumula xa 2.205 vítimas por mor da covid−19 logo da notificación do Sergas de 9 falecementos nos últimos días.
Das 5.821 probas PCR realizadas onte (-652), segundo os datos do Sergas, deron positivo 260, o cal revela unha positividade do 4,47 %, un punto máis ca onte.