viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsA Deputación presentará alegacións sobre a decisión do Concello de Vigo de...

A Deputación presentará alegacións sobre a decisión do Concello de Vigo de extinguir parcialmente a concesión do edificio da rúa Chao

- “Non se poden tratar as institucións de forma partidista como se está a facer. Sorpréndenos que esta decisión, persoal e política, se teña tomado antes da toma de posesión. É unha actitude inexplicable e co único obxectivo de confrontar e non facer as cousas como deberían facerse, con respecto e lealdade institucional”


A vicepresidenta da Deputación aproveitou o encontro de traballo de hoxe para anunciar a presentación de alegacións ao expediente do Concello de Vigo para a extinción parcial da concesión do edificio da rúa Chao. “Sorpréndenos –asegurou- que esta decisión, persoal e política, se teña tomado antes da toma de posesión. É unha actitude inexplicable e co único
obxectivo de confrontar e non facer as cousas como deberían facerse, con respecto e
lealdade institucional”. Neste aspecto, Marta Fernández-Tapias remarcou que “non se
poden tratar as institucións de forma partidista, como se está a facer” e instou á
colaboración entre institucións e a evitar confrontacións que “non son boas para Vigo,
para a cidade e para a nosa área”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS