Mos volve á zona de risco pola súa incidencia en COVID-19, segundo o SERGAS. Na xornada anterior, conseguira baixar dos 250 casos por cada 100.000 habitantes.
Así, o Concello de Mos sitúase na zona de risco pola súa situación epidemiolóxica acumulada a 14 días. Supera os 250 casos por cada 100.000 habitantes, ao aumentar en tres novos positivos en COVID-19 en dúas semanas entre a veciñanza. Nesta mesma franxa de risco atópanse Pazos de Borbén e Oia.
Pola súa banda, Redondela baixa a súa incidencia e non supera agora eses 250 casos por cada 100.000 mil habitales ao descender en oito casos menos en COVID-19, ata os 66 en dúas semanas. Nesta mesma incdiencia:
O Porriño 34 (-3)
Tui 29 (=)
Tomiño 27 (=)
A Guarda 16 (=)
Mondariz 11 (+2)
A Cañiza 1-9 (=)
Nunha mellor situación epidemiolóxica, posto que non superan os 150 casos por cada 100.000 habitantes, atópanse os concellos:
Vigo 424 (-8)
Ponteareas 28 (-4)
Gondomar 19 (-1)
Baiona 16 (=)
Nigrán 14 (-1)
Fornelos de Montes 1-9 (=)
O Rosal 1-9 (=)
Crecente 1-9 (=)
Arbo 1-9 (=)
As Neves 1-9 (=)
Salvaterra de Miño é o único concello das comarcas que non supera os 50 casos por cada 100.000 habitantes con non máis de nove positivos en dúas semanas entre a súa veciñanza. O Covelo e Mondariz- Balneario continúan libres de COVID-19.