A totalidade das alcaldesas da área de Vigo puxeron voz a Rosalía de Castro na campaña do Día de Rosalía realizada por Si Radio de Galicia nas comarcas da área de Vigo.
Así as 10 alcaldesas da área gravaron para Si Radio os poemas que escolleron dalgunha das obras de Rosalía de Castro.
As rexedoras escolleron libremente os poemas e non repetiron ningún, o que é posible grazas á riquísima obra da autora homenaxeada.
Si Radio solicitou a gravación este ano ás alcaldesas, como referente do poder da muller en Galicia, un paso de xigante partindo do momento no que se escribiron moitos deses versos, pero aínda pequeno, pois en moitos sectores da sociedade os dereitos das mulleres están aínda próximos ao momento en que Rosalía escribiu eses poemas.
Celébrase o 187 aniversario do nacemento da autora galega, en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837.
Rosalia de Castro é a poeta máis importante da literatura galega, e a primeira en ser homenaxeada polo día das letras galegas, que se crearon para honrala e se celebran o 17 de maio como conmemoración da publicación de Cantares Gallegos. Nacida no século XIX, é unha das poucas mulleres da súa época (a nivel mundial) que resalta como a gran figura das letras dun país, encabezando o seu movemento literario máis relevante.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, escolleu un artigo que publicou Rosalía de Castro en El álbum del Miño en 1858. O texto considérase o primeiro manifesto feminista publicado en Galicia «e probablemente en España», di. Pola súa banda, a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, recita o poema «Negra Sombra» da obra Follas Novas. O poema 451 de Rosalía de Castro, «Apolo…», é o que le a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas. No caso da rexedora do Porriño, Eva García de la Torre, escolle o poema «Nasín cando as prantas nasen» de Cantares Gallegos. «Calade!» é o recitar da alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, tamén da obra de 1880 de Rosalía de Castro. A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, recita «O toque da alba» e «Pra Habana!» son os versos que le a rexedora de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel. Co fin de alzar a voz pola autora galega, a rexedora de Mos, Nidia Arévalo, escolle «Adiós, ríos; Adiós, fontes» e Sandra González, a alcaldesa de Tomiño, pon son a «Tecín soa a miña tea». Os «airiños, airiños aires» chegan da man da rexedora de Cangas, Victoria Portas.
A música de fondo das lecturas é a alborada «Camiño da Rosa» do mosense Xulio Lorenzo, do seu traballo XL. Si Radio fai constar o seu agradecemento a tódalas alcaldesas por participar connosco nesta iniciativa
SON LIBRE… Artigo que publicou Rosalía de Castro no Álbum del Miño en 1858
Ánxela Férnadez Callis – Alcaldesa de O Rosal
NEGRA SOMBRA FOLLAS NOVAS – 1880
Cristina Correa – Alcaldesa de Oia
POEMA 451, APOLO Digna Rivas – Alcaldesa de Redondela
NASÍN CANDO AS PRANTAS NASEN CANTARES GALLEGOS – 1863
Eva García de la Torre – Alcaldesa de O Porriño
CALADE FOLLAS NOVAS – 1880
Leticia Santos – Alcaldesa de Moaña
O TOQUE DA ALBA FOLLAS NOVAS – 1880
Loli Castiñeira Alén – Alcaldesa de Salceda
PRA HABANA! FOLLAS NOVAS – 1880
Marta Valcárcel Gómez – Alcaldesa de Salvaterra
ADIÓS, RÍOS; ADIÓS, FONTES
CANTARES GALLEGOS – 1863
Nidia Arévalo Gómez – Alcaldesa de Mos
TECÍN SOA A MIÑA TEA FOLLAS NOVAS –1880
Sandra González – Alcaldesa de Tomiño
AIRIÑOS, AIRIÑOS AIRES 1863
Victoria Portas Mariño – Alcaldesa de Cangas