viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasO Festival de Bandas de Música de Salceda cumpre 30 anos

O Festival de Bandas de Música de Salceda cumpre 30 anos

- O compositor José Alberto Pina Picazo é o presidente de honra do Festival

Un ano máis as Bandas de Música serán protagonistas do Verán Cultural de Salceda de
Caselas, e este ano dun xeito especial, pois o Festival de Bandas de Música celebra a súa
edición número trinta.


O festival, organizado polo Concello de Salceda de Caselas e a Banda Cultural de
Salceda contou coa participación da Banda de Música Popular de Tui e a Banda de Música
Municipal de Caldas de Reis, nunha cita que se realizou no patio do CEP Altamira o sábado.


Unha cita tan importante como a deste ano tiña que contar cunha conmemoración á
altura. Deste xeito, o Festival contou cun convidado de luxo, o compositor José Alberto Pina
Picazo que actuou como Presidente de Honra do Festival, convidado pola Banda Cultural de
Salceda. Ademáis, a agrupación local, pechou a súa actuación cunha das obras do mestre, El Triángulo de las Bermudas (2009).


Outra das conmemoracións parte da dirección da propia Banda Cultural de Salceda. Ao
igual que no XXV Aniversario, o Festival contou cunha peza propia, composta polo seu director Juan Lois Diéguez.


Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “A Banda Cultural de Salceda, foi, é e será para
nós a principal liña estratéxica nas nosas políticas culturais. É un orgullo ter unha banda que nos representa polo País adiante e que leva 30 anos a organizar un festival que é xa un
referente na programación de verán do noso Concello e polo que levan pasado máis de
cincuenta agrupacións da península ibérica”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS