O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou no Parlamento galego que o Sergas creará unidades poscovid para seguir os «efectos secundarios» dos pacientes que pasaron a COVID-19.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña:
Son moitas as galegas e os galegos que a pesaren de pasar a enfermidade continúan con secuelas, en moitos casos que lles impiden recuperar as súas vidas anteriores ao virus.
Estas unidades de seguemento serán multidisciplinares e completaranse cun comité clínico poscovid «para o seguimento dos casos máis complexos» anunciou Comeseña.
Os efectos secundarios máis comúns das persoas que pasaron a covid-19 son afeccións de carácter pulmonar, cardiovascular, neurolóxicas e mesmo alteracións psiquiátricas.
As dores de cabeza ou a perda do gusto, están entre as máis habituais.