lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasPlena mobilidade nas comarcas, agás en Redondela, Oia e Moaña

Plena mobilidade nas comarcas, agás en Redondela, Oia e Moaña

Todos os concellos da Área Sanitaria de Vigo teñen plena mobilidade entre eles, agás en Redondela, Oia e Moaña, a partir do venres.

 

Sanidade vén de comunicar a listaxe dos concellos que se atopan nos diferentes niveis de desescalada de Galicia. Nas bisbarras, rexerán dous ritmos distintos á hora de relaxar as medidas de máxima restricción. Na maioría dos municipios, abre a hostalería ao 50% do aforo nas terrazas e ao 30% da capacidade no interior dos locais ata as 18:00 horas e coa barra pechada e permítese a mobilidade entre eles.

Así, permítese a mobilidade entre 22 concellos das comarcas non así con Redondela, Oia e Moaña. Estos tres últimos están clasificados por Sanidade nun nivel de desescalada más restrictivo pola súa situación epidemiolóxica. Isto é, que un veciño ou unha veciña de Ponteareas si pode ir a Vigo, pero unha persoa que resida en Redondela, Oia ou Moaña, non.

Nivel 3 de desescalada

Os concellos das bisbarras que se atopan no nivel 3 na desescalada, que planificou Sanidade para Galicia son:

Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Vigo, Nigrán, Baiona, O Rosal, A Guarda, Tomiño, Tui, Gondomar, Mos, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, Crecente, A Cañiza, O Covelo, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas e o Porriño.

Isto é,  que a veciñanza destes municipios pode desplazarse a outros dentro da Área de Vigo co mesmo nivel. É dicir, entre eles. Ademais, fóra da área tamén está permitida a mobilidade, segundo os datos que remitiu onte o SERGAS, a outros concellos que se atopen no mesmo nivel de restriccións, o 3, das áreas de Ourense, Santiago e Lugo, o que implica que unha persoa que resida, por exemplo, no Porriño pode ir a Santiago, pero non a Pontevedra. Non pode ir nin a Pontevedra, nin a Ferrol nin A Coruña posto que estas áreas están pechadas perimetralmente pola súa incidencia nas UCIS.

Nestes concellos, a hostalería abre ao 50% do aforo no exterior e ao 30 % da súa capacidade no interior, coa barra pechada, ata as 18:00 horas. As reunións de persoas non conviventes están permitidas ata a un máximo de catro persoas. Reabren os ximnasios e a práctica deportiva pode realizarse en grupo de ata catro persoas.

Nivel 2 de desescalada

En canto ao outro nivel que rexe nas bisbarras, o 2, trátase dun modelo máis restrictivo no que se atopan os concellos de Moaña, Oia e Redondela posto que a súa situación epidemiolóxica non é tan favorable como o resto dos municipios da área. A veciñanza destas localidades pode desplazarse entre eles e entre os que teñen o mesmo nivel 2, agás nas áreas de Ferrol, A Coruña e Pontevedra, que pechan de xeito individual.

Isto quere dicir que, por exemplo, unha veciña ou un veciño de Redondela pode ir, por exemplo, a Celanova, posto que comparte o mesmo nivel de restriccións, pero non a Vigo nin tampouco a Pontevedra. 

Nestes concellos a hostalería abre ao 50% só nas terrazas ata as 18 horas, as reunións de persoas non conviventes están permitas ata un máximo de catro persoas, ao igual que á hora de practicar deporte en grupo,  e volven a abrir os ximnasios.

As clases presenciais nas universidades galegas retómanse o 1 de marzo. A Comunidade continúa pechada e mantense a hora de recollida ás 22:00 horas.

 

Aínda queda por publicar a orde das novas medidas para facer fronte á COVID-19 que acordou esta semana o Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia no Diario Oficial de Galicia. As medidas, segundo dixo o presidente galego, Alberto Núñez Feijoo, entran en vigor o venres 26 de febreiro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS