Sanidade vén de comunicar o mapa definitivo no que se establece os diferentes niveis de desescalada na comunidade, que entran en vigor o venres 26.
O SERGAS reduce, así, a 10 os concellos de Galicia nos que rexerá o nivel máximo de restriccións a partir do venres. Isto quere dicir, que a hostalería destes municipios seguirá pechada; as reunións de persoas non conviventes, prohibidas e non se permite a mobilidade fora do perímetro individual (nivel vermello):
O Corgo
Guitiriz
Gomesende
A Gudiña
A Peroxa
Toques
Corcubión
Curtis
Ponteceso
Moeche
Pola súa banda, cunha incidencia inferior a 500 casos por cada 100.000 habitantes, a área da Coruña e Cee, a de Ferrol e a Área de Pontevedra quedan perimetradas e a mobilidade está permitida entre os concellos deste mesmo nivel laranxa. A hostalería pode abrir ao 50 % nas terrazas ata as 18 horas e as reunións de non conviventes están permitidas ata un máximo de catro persoas:
Área da Coruña e Cee: Abegondo, A Coruña, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cambre, Carballo, Carral, Cee, Cerceda, Coirós, Coristanco, Culleredo, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Miño, Muxía, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada, Sobrado, Vilamaior, Vilasantar, Vimianzo e Zas.
Área de Ferrol : Ares, A Capela, As Pontes, As Somozas, Cabanas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, San Sadurniño e Valdoviño
Área de Pontevedra e O Salnés: A Lama, Illa de Arousa, Barro, Bueu, Cambados, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Forcarei, Marín, Meaño, Meis, Moraña, O Grove, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
Noutra marxe, os concellos que rexistran unha incidencia entre 250 e 550 casos por cada 100.000 habitantes (nivel laranxa) a mobilidade está permitida entre estes municipios do mesmo nivel. A hostalería abre só nas terrazas ao 50 % do aforo e ata as 18 horas e as reunións de persoas non conviventes, ata catro persoas como máximo:
Arzúa, Dodro, Frades, Ordes, Rois e Tordoia.
A Pobra de Brollón, A Pontenova, Baralla, Guntín, Monforte de Lemos, Outeiro de Rei, Rábade e Sober.
A Mezquita, A Merca, Bande, Beade, Celanova, Punxín, Sandiás, Taboadela, Vera, Viana do Bolo, Xunqueira de Espadanedo, Moaña, Oia e Redondela.
Os municipios, nos que a incidencia é inferior aos 250 casos por cada 100.000 habitantes (nivel amarelo), non teñen perímetro e está permitida, entón, a mobilidade entre os que se atopen no mesmo nivel. A hostalería abre tanto no enterior, ao 50%, como no interior ao 30 % da capacidade ata as 18 horas. As reunións con non conviventes, permitidas ata un máximo de catro persoas. Este nivel afecta aos 197 concellos restantes das áreas sanitarias de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; Ourense e o Barco de Valdeorras; Santiago de Compostela e Barbanza; e Vigo.
Ademais, as clases universitarias retómanse de xeito presencial o 1 de marzo e os centros comerciais volen a abrir nas fins de semana a partir deste venres. Ábrense, igualmente, os ximnasios e as piscinas.