sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsEmpresaO paro cae por debaixo das 130.000 persoas en Galicia por primeira...

O paro cae por debaixo das 130.000 persoas en Galicia por primeira vez nos últimos 27 anos

- O desemprego caeu e as cotizacións creceron tanto na evolución anual como mensual

A cifra do desemprego descendeu por primeira vez en Galicia nos últimos 27 anos por debaixo das 130.000 persoas. O mes de xuño pechou con 129.024 persoas en desemprego, a cifra máis baixa de toda a serie histórica, desde o ano 1996. Así o destacou hoxe a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, na valoración que fixo dos datos de paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social que se publicaron hoxe.


A titular de Emprego sinalou que o desemprego baixou e as cotizacións aumentaron tanto na evolución anual como mensual e apuntou que a cifra do paro dos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego é a mellor desde que hai rexistros destas variables (2005).


En canto ao paro, con respecto a hai un ano e na comparativa con maio, caeu nas catro
provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores económicos, así como
nos colectivos prioritarios para a Xunta como son, entre outros, os menores de 30 anos, as
mulleres e os parados de longa duración.


Máis polo miúdo, na evolución anual o paro diminuíu nun -8,45% (-11.908 persoas), unha
caída superior á reflectida no Estado con 1,79 puntos de vantaxe. Por sectores, liderou o
descenso o primario (-15,74%), seguido da industria (-12,15%), da construción (-11,28%) e dos servizos (-8%).


Por colectivos prioritarios, decreceu, especialmente entre os menores de 30 anos
(-15%) seguido das mulleres (-7,65%) e dos parados de longa duración (-2,84%). As cifras de parados de menos de 30 anos e de mulleres sen emprego son as menores da serie histórica (2005). Ademais, o número de persoas paradas de longa duración é o máis baixo nun xuño desde 2008.


As afiliacións, pola súa banda, continúan a superar a barreira do millón, situándose a cifra
en 1.067.230, un nivel superior ao reflectido hai 14 anos, en xuño de 2009.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS