A Garda Civil de Ponteareas desarticulou un importante punto de venda e distribución de estupefacientes nunha vivenda da mesma localidade, onde se incautaron diversas
cantidades de droga.
O operativo concluíu coa detención dun home, que vivía no inmoble, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas e tenencia ilícita de armas de fogo.
As investigacións iniciáronse a principios do pasado mes de xuño tras ter coñecemento de que nun domicilio puidésese estar a cometer un suposto delito contra a saúde pública.
Este punto de venda xeraba unha gran alarma social entre os veciños da zona, establecidos diferentes dispositivos de vixilancia, púidose comprobar que a este domicilio acudían
persoas a calquera hora do día e da noite, moitos deles coñecidos consumidores destas substancias, e que en diversas ocasións foron interceptados momentos despois de adquirir
a droga.
Estas circunstancias indiciarias da actividade ilegal que viña desenvolvendo esta persoa, levaron á súa detención como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.
Posteriormente procedeuse a entrada e rexistro do seu domicilio autorizado polo Xulgado de Instrución nº 3 de Ponteareas, onde se incautaron 19 dose de heroína, 18 dose de cocaína, medios para a súa preparación, unha pistola marca Star do calibre 9mm. Longo, un teléfono móbil e 583,10 €.
A arma de lume e as substancias intervidas, xunto coas dilixencias e o detido foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución nº 3 de Ponteareas.