sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasComeza a escola de verán en Covelo

Comeza a escola de verán en Covelo

- O Concello de Covelo recibe ao alumnado da escola de verán organizada para facilitar a conciliación familiar e laboral

Dende as oito e media da mañá a escola de verán do Concello de Covelo abre as súas
portas para recibir aos pequenos e pequenas que ao longo deste mes aprenderán xogando
da man das monitoras. Ata a sala multiúsos municipal achegáronse o alcalde de Covelo,
Pablo Castillo, e a concelleira de Emprego e Formación, Lourdes Enes, para darlles a
benvida a todas as cativas e cativos que farán equipo este verán.

No Concello de Covelo ata as dúas da tarde as familias contan co apoio da escola de verán
na que as crianzas farán excursións e múltiples actividades coas que coñecer mellor a súa
vila, aprender a traballar en equipo e xestionar as súas emocións.

A escola de verán nace como un recurso de apoio ás familias para facilitar a conciliación
familiar e laboral. É un espazo de convivencia atendido por profesionais que promove valores
como a igualdade e o respecto ao medio natural. Deportes, manualidades, saídas e distintos
xogos a través dos que traballar as habilidades sociais e a empatía.

Subvencionada polo Concello e cun prezo reducido de vinte euros para persoas
empadroadas e de corenta para as non empadroadas, as familias contan cada mañá cun
tempo de respiro grazas a esta iniciativa do Concello de Covelo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS