sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasO BNG de Ponteareas denuncia o "retroceso" no Día do Orgullo en...

O BNG de Ponteareas denuncia o «retroceso» no Día do Orgullo en Ponteareas

- "Por primeira vez tras oito anos, o goberno non se implicou coa conmemoración dunha data na que é necesario expresar o compromiso das institucións", din desde o BNG

O BNG formulará no vindeiro Pleno ordinario de Ponteareas unha batería de preguntas
arredor do que consideran “falta de implicación” do goberno local coa conmemoración
do Día do Orgullo.


A formación nacionalista lamenta que, por primeira vez tras oito anos, “a bandeira
LGBT non luciu no Concello de Ponteareas nun día simbólico, no que é necesario
expresar o compromiso das institucións públicas con conquistas e avances da nosa
sociedade. O goberno do PP tampouco realizou ningún acto conmemorativo, nin
elaborou ningún manifesto para a súa lectura, como se viña realizando nos últimos
anos. Trátase dun xesto que deixa ás claras o retroceso no que queren sumir á nosa
vila”, sinala o BNG.


O Bloque afirma que “fronte a esa Ponteareas en branco e negro á que quere volver o
PP, no BNG témolo claro: apostamos por unha Ponteareas en cor, orgullosa e diversa,
onde se respecte o dereito das persoas a amar en liberdade.” Así, como principal
grupo da oposición, o BNG sinalou que traballará para que Ponteareas “avance cara a
igualdade social, a visibilidade da diversidade afectivo sexual e a non discriminación.”

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS