O concello da Guarda continúa recibindo subvencións dos fondos europeos NextGenerationEU xestionadas na etapa do goberno socialista do
alcalde Antonio Lomba.
Tendo en conta que o anterior goberno consideraba a piscina municipal unha dotación
estratéxica de utilidade pública por a súa función terapéutica e de promoción da vida
saudable. Considerando que as súas instalacións e o propio edificio teñen equipamentos
obsoletos e espazos desaproveitados, o goberno socialista promoveu un estudo enerxético,
arquitectónico e funcional, coa participación da cidadanía, co fin de concretar as
necesidades de mellora da piscina municipal dende o punto de vista da eficiencia
enerxética, de optimización de espazos e de modernización das instalacións
As actuacións máis importantes que se propoñen responden a un enfoque integral que
combina a adaptación funcional, estética, económica e social do edificio; dotándollo dunha
imaxe exterior máis limpa, moderna e adecuada ao seu entorno. Conseguindo un aforro
enerxético próximo ao 80 %. Amplíase o ximnasio. Ábrese un novo vaso para aprendizaxe
de 1m de profundidade e créase unha nova sala de usos múltiples reordenando os espazos
e reducindo a zona de recepción.
Unha vez elaborada a documentación coa proposta de mellora tocaba buscar
financiamento, e así, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, o
goberno de Antonio Lomba solicitou, fai uns meses, fondos para a rehabilitación da piscina
municipal climatizada do concello da Guarda. A solicitude de subvención canalizouse a
través da convocatoria da Liña 2 do programa de rehabilitación integral de edificios públicos
de titularidade local (Pirep Local).
O “Ministerio de Transportes Movilildad y Agenda Urbana”, xestor dos fondos Pirep,
comunicou ao concello que o importe concedido para a “Reforma e Rehabilitación
Enerxética da Piscina Municipal da Guarda” é o solicitado e ascende a 1.573.655,26 € tendo
que estar rematada e recepcionada antes do 31 de marzo do 2026.
O Grupo Municipal Socialista quere manifestar a súa satisfacción polo éxito das xestións
que permitiron a obtención desta subvención tan importante para A Guarda, tanto pola
contía como polo seu destino. Antonio Lomba declara que “estes son resultados do traballo
feito no noso mandato. Estamos moi satisfeitos por conseguir esta subvención e esperamos
que non sexa a última xa que aínda ahi solicitudes de financiamento sen resolver para
proxectos importantes para a nosa localidade”.