viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Guarda despide a XXXI Festa da Langosta

A Guarda despide a XXXI Festa da Langosta

- A Guarda despide a XXXI edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira con preto de 1000 racións servidas ao longo da fin de semana

A Guarda despide este domingo a gran cita gastronómica da comarca, a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que cumpriu estre ano a súa 31º edición e na que se serviron preto
dun milleiro de racións de langosta.


Nesta edición contouse coa participación dos establecementos O Roxo, O Cangrexal, Xeito,
Casa Olga e Adega Gran Novás, cunha oferta gastronómica con produtos coma os percebes, nécoras, calamares, chipiróns, chocos, croquetas, ensaladillas, gambas, langostinos, paellas, mexillóns, berberechos, cigalas, polbo, vieiras, zamburiñas, camaróns, empanadas e empanadillas, fideos, pementos de padrón, entre outros. Destacaron tamén nesta XXXI edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira as sobremesas, coas tartas de mirabeis ou améndoas, as cañitas de crema, as filloas recheas e o postre típico guardés, a Rosca de Xema da Guarda.


Milleiros de persoas achegaronse ao longo desta fin de semana ata o Porto da Guarda para
degustar os produtos da gastronomía guardesa, sendo o prato estrela a Langosta, con máis
de 700kg. vendidos deste crustáceo.


Esta edición tamén contou coa xa tradicional Feira de artesanía, que con preto dunha
vintena de stands, que amosaron produtos artesanais coma bisutería, bordados, elementos
decorativos, entre outros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS