O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, o Concelleiro de Urbanismo, José Ángel Bahamonde Rodríguez, e o Oficial da Policía Local de Baiona, Plácido Viéitez, participaron na reunión xunto a unha corentena de empresarios e empresarias, entre as que se atopaban o Presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), Marcos Comesaña.
Durante a asemblea, o rexedor baionés ha presentado ao empresariado “a necesidade de realizar unha solicitude formal de instalación de terrazas en espazos de uso público para todos aqueles locais que a teñan sen tramitar”.
O Alcalde de Baiona reiterou o apoio do Equipo de Goberno á actividade económica hostaleira, “buscando o equilibrio co goce da veciñanza e as persoas visitantes”.
A este respecto, na reunión tamén se tratou o tema da ocupación da vía pública con respecto á accesibilidade, a limpeza das terrazas, así como a mellora na eliminación de residuos, especialmente os orgánicos. Tamén se considera
importante a retirada do mobiliario durante as noites.
“O obxectivo destas medidas é lograr o equilibrio entre a actividade económica, o lecer nas terrazas e o goce da veciñanza dos espazos públicos do Concello de Baiona”, destacou o rexedor.
A Policía Local do Concello de Baiona realizará controis dos distintos espazos para que se cumpra coa ordenanza municipal.