«Hoxe tivemos o inmenso pracer de recibir no Concello a case a totalidade
da expedición do CPA CONDADO que viaxou a Arxentina para conquistar a
COPA MUNDIAL de patinaxe artístico na modalidade de Grupos Show» din desde o Concello de Salvaterra.
Tamen agradecen o «esforzo e sacrificio que fai Eduardo Caride na súa labor de adestrador, como da súa directiva para poder levar a cabo os seus proxectos deportivos; por iso, queremos transmitir os nosos parabéns e o noso orgullo a este enorme clube que sitúa, unha vez máis, o nome de Salvaterra na cúspide da patinaxe mundial».
Rematan ofrecendo «moitísimos parabéns a toda a familia do CPA Condado».