viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeDeportesO Campionato de España de Hip Hop chega a Marín

O Campionato de España de Hip Hop chega a Marín

- Destaca a creación da Federación Galega de Baile Deportivo que xa conta con 595 licenzas federativas (467 mulleres e 128 homes)

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no serán de hoxe na presentación do Campionato de España de Hip Hop que se desenvolverá en Marín nesta fin de semana.


Lete Lasa enumerou os últimos fitos que a Xunta de Galicia protagonizou no baile
deportivo como a creación da Liga Xunta de Galicia de Break, que xa vai pola terceira
edición; o recoñecemento do breaking como especialidade deportiva; ou a creación da
Federación Galega de Baile Deportivo que xa conta con 595 licenzas federativas (467
mulleres e 128 homes).


Lete Lasa destacou a importancia deste campionato que levará a Marín a uns 400
bailaríns e apuntou a Galicia como unha terra experimentada na organización deste tipo de
eventos como demostra o Campionato de España de Baile Deportivo disputado en
Pontevedra no mes de marzo.


A pesar da capitalidade do break dance, que será olímpico en París 2024, o mandatario
galego destacou outras danzas urbanas de gran importancia como o hip hop que están a
vivir unha revitalización da man do crecemento dos deportes urbanos como o skate, o
BMX ou o Basket 3×3, tamén olímpicos en Toquío, e que en Gaiicia contan cunha gran
sona grazas a eventos como o Marisquiño ou o Rompetiño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS