lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísO vicepresidente, Alfonso Rueda, pide "cautela" para iniciar a desescalada

O vicepresidente, Alfonso Rueda, pide «cautela» para iniciar a desescalada

Malia que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mostrouse optimista fronte a evolución da pandemia en Galicia, di que «as cifras aínda teñen que ser mellores»

 

Dixoo nunha entrevista na CRTVG, na que explicou que as cifras da incidencia da COVID-19 non é igual en todos os concellos de Galicia polo que o Comité Clínico deste luns avaliaría a situación municipio a municipio para decidir como será a desescalada das medidas máximas de restricción que rexen, polo de agora, na comunidade. 

Entre as decisións do Comité que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia, cabe a posibilidade da reapertura de bares e cafeterías. Iso sí, con franxas horarias e con distitnos aforos, segundo explicou Rueda. En canto aos peches perimetrais dos concellos, o vicepresidente explica que «se podería ampliar a ámbitos xeográficos máis amplos».

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS