viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísRueda anticipa que Galicia crecera por encima del 1'7% previsto para este...

Rueda anticipa que Galicia crecera por encima del 1’7% previsto para este año

- Salienta que a Administración autonómica non precisará recorrer a endebedamento para financiar os seus servizos públicos e adianta que o Goberno galego xa está a elaborar os Orzamentos do ano que vén

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, avanzou
hoxe que o Produto Interior Bruto de Galicia medrará por riba do 1,7 % previsto para este
ano, á vez que se amosou confiando en que para o 2024 “estará en condicións” de
recuperará o equilibrio orzamentario e non incorrer en déficit. “Imos ser capaces porque
levamos tempo traballando”, aseverou o mandatario galego, quen tamén avanzou que se
agarda que no vindeiro ano a economía galega “estea en disposición de superar” o 2 % do
PIB.


Na xornada La gestión del diálogo social, organizada pola Confederación de Empresarios
de Pontevedra (CEP), Rueda asegurou que hai razóns para este “optimismo realista”
respecto ao futuro, entre elas, que en 2024 Galicia non precisará recorrer ao
endebedamento para financiar os seus servizos públicos, despois dunha etapa de
flexibilidade fiscal condicionada pola pandemia.
Rueda atribuiu estas perspectivas ao marco de “estabilidade” que ofrece o Executivo
galego cunha xestión “previsible” e cunha “planificación ordenada”. Precisamente, nesta
liña, adiantou que a Xunta xa está elaborando os Orzamentos do ano que vén. “O traballo
hai que facelo agora”, defendeu con respecto a que deben estar aprobados o 31 de
decembro.


Rueda resaltou o gran comportamento do tecido produtivo galego nos últimos anos,
reflectido en fitos recentes como a recuperación do PIB prepandemia antes que a media
de España ou o mellor primeiro cuadrimestre da historia en exportacións, que chega
despois dun novo récord no comercio exterior en 2022. O presidente tamén valorou o
modelo galego de xestión económica, baseado na estabilidade, a axilidade e a
simplificación administrativa e o papel activo da Xunta na captación de investimentos.

O titular do Executivo autonómico volveu reclamar ao Goberno central maior axilidade e
concreción no reparto dos fondos europeos, especialmente en sectores como o do
vehículo eléctrico e conectado, que será obxecto dun terceiro Perte. Neste senso, insistiu
en denunciar que o Goberno central ten 25.000 millóns de euros “embalsados” e expuxo
que Galicia xa ten mobilizada a práctica totalidade dos fondos recibidos ata o de agora,
case 1.200 millóns de euros. En canto aos cinco primeiros meses de 2023, o Goberno
galego adxudicou o 67 % dos 527 millóns de euros dos fondos do MRR previsto no
orzamento inicial deste ano.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS