jueves, noviembre 21, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoPorriño presenta uns orzamentos de 19 millons de euros para o que...

Porriño presenta uns orzamentos de 19 millons de euros para o que resta de ano

- As contas ascenden a 19 M de euros, o máis alto da historia do municipio, experimentando un crecemento do 36,23% respecto do orzamento vixente

O goberno municipal do Porriño, que preside Alejandro Lorenzo, levará nas próximas semanas a pleno a súa proposta de orzamento para o que resta de ano.
As contas que se presentan para rematar o exercicio 2023 ascenden á cantidade de 19
M de euros, incluíndo de forma equilibrada a totalidade dos ingresos e gastos
previstos e respectando o obxectivo de estabilidade orzamentaria.

“É unha planificación económica ambiciosa, cun marcado carácter expansivo, xa que
experimenta un crecemento dun 36,23% respecto do orzamento vixente, prorrogado
de 2018, sendo o máis elevado da historia deste concello ao superar en 5 M de euros
ao anterior”, explicou o rexedor, “Pero, sobre todo, trátase dun orzamento real froito
dunha análise exhaustiva das necesidades primordiais do Concello, da xestión eficiente
dos recursos públicos e elaborado con prudencia, rigor e pensando nun achegamento
á cidadanía para dar unha resposta áxil e inmediata ás súas demandas máis urxentes”

O rexedor apuntou que a proposta que se levará a pleno está feita a medida para
regularizar no que resta de exercicio a situación económica na que se atopaba o
Concello, unha situación orzamentaria insostible que provocou ter que iniciar o ano
con expedientes de modificación orzamentaria. “É un orzamento de transición, que
nos vai permitir poder encarar os seguintes partindo dunha situación administrativa
regulada e dunhas contas saneadas. Por iso, lonxe de rematar a tarefa con este
documento, estamos a traballar xa no do 2024, no que poder dar cabida a cada unha
das demandas da sociedade porriñesa”.

O novo orzamento céntrase en garantir a prestación da totalidade dos servizos básicos,
así como dos programas de contido social: promoción e benestar social, axuda no
fogar, gasto en educación, fomento de emprego, carencia enerxética, promoción do
deporte de base, desenvolvemento cultural, etc., aumentando con carácter xeral
todas políticas de gasto.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS