viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta propón peaxe gratuíta na AP-9 na viaxe de volta

A Xunta propón peaxe gratuíta na AP-9 na viaxe de volta

A Xunta proponlle ao Estado bonificacións para as peaxes da AP-9. Plantéxalle ao Goberno que a viaxe de volta sexa gratuíta para os vehículos lixeiros que usen telepeaxe e descontos do 60% para os vehículos pesados, ida e volta.

A maiores, o goberno galego aposta por primar con bonificacións aos usuarios recorrentes,  aplicándolles un desconto adicional do 25% na ida para aqueles que volvan nun intervalo de 24 h, agás en domingos e festivos.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Ruesa, lembra que o Goberno galego leva moito tempo solicitando a anulación das subas extraordinarias das peaxes e que se libere a peaxe de Redondela. “Son propostas que están baseadas no coñecemento de primeira man do noso territorio e da nosa rede de estradas, e que están amparadas polas cifras”, defendeu Rueda.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS