40 son estudantes e docentes do colexio Paradai
O Sergas informou este xoves da existencia dun brote de COVID-19 vinculado á chamada cepa británica no CEIP Paradai en Lugo no que foron detectados 60 positivos, entre pais, alumnos e docentes.
Na listaxe emitida hoxe polo Sergas coa información actualizada referida ás escolas infantís e aos centros educativos galegos, este colexio figura con 40 positivos e 7 aulas pechadas.
O director asistencial do Sergas en Lugo, Rafael Monte, indicou que “a semana pasada foron detectados os primeiros casos, o que levou ás autoridades sanitarias a realizar, primeiro, cribados por aulas, pero, visto o elevado número de positivos, realizouse un en todo o colexio».