Os traballadores e as traballadoras do sector do metal da provincia de Pontevedra colapsa a entrada ao Ifevi e a saída do aeroporto de Peinador durante a mañá deste martes. No recinto ferial inaugurábase hoxe o evento Mindtech 2023.
Así, dende as 09:00 horas rexistráronse colas na autoestrada da AP9 que obrigaron a ducias de coches a estar una media hora parados na saida cara ao IFEVI.
Este 20 de xuño é a segunda xornada da folga que teñen convocada os traballadores do metal na provincia e que supuxo «todo un éxito» segundo o sindicato CIG. Pola súa banda, dende o sindicato UXT explica que se a patronal non se senta a negociar, continuarán os paros.
Podes escoitar as entrevistas completas aquí:
A última reunión que mantiveron os sindicatos co empresariado do sector terminou sen acordo logo de 6 horas de negociación. Non houbo acordo porque segundo din, «non estaban dispostos a manter a cláusula de revisión salarial conforme ao IPC real, reducir a xornada anual en máis de 8 horas e garantir a subrogación do persoal entre empresas privadas».