sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísA hostalería reabrirá a próxima semana en Galicia

A hostalería reabrirá a próxima semana en Galicia

Os bares e restaurantes volverán abrir a vindeira semana. Anunciouno este venres o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. En que horario e con que restricións decidirase tras a reunión do comité clínico o luns, 22 de febreiro.

 Non será unha reapertura xeralizada polas palabras de Feijóo. «Boa parte» de Galicia comezará a abrir a hostalaría a semana que vén, aínda que está por decidir «con que intensidade e con que horario».

A evolución de datos da pandemia está a ir ben, segundo o mandatario galego, pero insistiu en que é preciso agardar á reunión do comité clínico do próximo luns, xa que a Xunta tómase «en serio as súas opinións» e nun momento de pandemia, como o actual, as opinións sanitarias son «prioritarias».

As aperturas graduais de distintos sectores comezaron en Galicia o pasado mércores coa volta do comercio ao seu horario habitual, excepto os centros comerciais, que seguen pechados as fins de semana. Reabriron cines, teatros, bibliotecas, museos, teatros e auditorios. A práctica deportiva individual ao aire libre e a competición federada autonómica.

A situación está, segundo Feijóo,»a piques de estar controlada», tras o forte incremento de casos e contaxios e os numerosos falecementos que se produciron nesta terceira vaga da pandemia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS