viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoNovos cortes na A-55 polas obras de conexión Tui-A Guarda

Novos cortes na A-55 polas obras de conexión Tui-A Guarda

O avance nas obras de conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55 fará necesarios novos cortes de tráfico a partir deste mércores.

Estes cortes, que comezarán ás 10 horas e rematarán previsiblemente en setembro, realizaranse nos ramais de entrada e saída do enlace do punto quilométrico 30 en sentido Vigo da autovía A-55. Para garantir a circulación do tráfico habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.

O peche da circulación é necesario para construír o novo ramal directo de conexión coa estrada N-551, así como o ramal de entrada sentido Vigo.

As obras de conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55 e o polígono de Areas, no que a Xunta inviste 30 M€, acadan un grao de execución do 79%.

Máis en concreto, os traballos de movemento de terras acadan o 85% de execución total; os recheos, o 88%; os firmes, o 55%; e as drenaxes, o 56%. Tamén se atopan avanzadas as estruturas, xa que a execución dos pasos superiores rolda o 95%; a dos inferiores xa acadou o 100%; e a dos muros achégase ao 75%.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS