lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasVigoO PSOE, BNG e AER pechan un pacto de goberno tripartito en...

O PSOE, BNG e AER pechan un pacto de goberno tripartito en Redondela

O Partido Socialista, o Bloque Nacionalista Galego e a Agrupación de Electores de Redondela veñen de firmar un acordo para consolidar un goberno tripartito progresista. Así o fai saber o PSOE nun comunicado no que apunta que «a candidata socialista asegúrase, logo de chegar a este acordo, a investidura no pleno de mañá».

O concelleiro da Agrupación de Electores de Redondela, Roberto Villar, asumirá a concellería de Infraestruturas e sustentabilidade e en canto ao Bloque, os socialista auntan que «chegamos a un acordo de investidura no que dende o primeiro momento estaban de acordo en loitar por un goberno progresista. Entre os puntos expresados destacaban a necesidade de diálogo e que ambas forzas políticas participen nas decisións fundamentais para Redondela, ademais de puntos en común sobre igualdade e empregro estudando as necesidades reais da cidadanía».

O pleno de investidura celebrarase este sábado ás 12:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.
As persoas que desexen asistir en directo deberán retirar as invitacións a partir das dez da
mañá no propio Mulitúsos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS