Aos seus 83 vacinouse este venres fronte á COVID-19 no centro de saúde do Milladoiro, converténdose así na primeira persoa maior de 80 anos que, sen vivir nunha residencia, é vacinada en Galicia
A Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza realiza este venres a xornada piloto da vacinación fronte á COVID a maiores de 80 anos de Galicia. Nesta semana, un equipo de 10 traballadores de servizos xerais e un coordinador empezaron a contactar con máis de 34.000 octoxenarios que restan por vacinar na área sanitaria compostelá, e que se sumarán aos máis de 3.000 maiores de máis de 80 anos xa vacinados nas residencias sociosanitarias.
Así, hoxe están citadas 569 persoas en 8 puntos de vacinación para administrarlles a vacina contra a COVID-19.