O Partido Socialista de Ponteareas xa empezou a mover ficha para reorganizarse logo dos malos resultados que obtivo nas eleccións do 28 de maio. O número 1 da lista, Delfín Domínguez, renuncia a súa acta de concelleiro para centrarse na xestión do partido, segundo confirmou á redacción de Si Radio de Galicia. Sobe así o número 3, o sindicalista Rubén Pérez.
Podes escoitar a entrevista completa con Rubén Pérez aquí: