sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísUn millón de euros para medio cento de orquestras galegas

Un millón de euros para medio cento de orquestras galegas

A Xunta convoca unha liña de axudas para apoiar a este sector paralizado no último ano por mor da pandemia sanitaria

O Goberno autonómico colabora así nos gastos dos eventos que desenvolvan tanto en Galicia como fóra da Comunidade e impulsa que nas súas xiras e materiais se promova o Xacobeo 2021-2022.

As axudas outorgáronse en réxime de concorrencia competitiva, valorando, entre outras cuestións, o número de actuacións realizadas en Galicia e fóra dela durante o 2019 por contratos ou o número de compoñentes do elenco artístico e non artístico da orquestra. O Goberno autonómico contribuirá a sufragar gastos como o aluguer de equipos, locais, carpas ou similares, gastos directos dos artistas como salarios, viaxes ou dietas, así como calquera outro gasto relativo aos eventos que se programen.

Para minimizar o impacto e favorecer a súa recuperación e reactivación, e na liña do que se vén facendo noutros sectores empresariais, o Goberno galego considera importante apoiar aos profesionais das orquestras tendo en conta o seu papel, o que servirá á súa vez como estratexia de promoción cultural e turística de Galicia. Esta medida dá continuidade ao traballo levado a cabo nos últimos meses pola Xunta de xeito transversal para impulsar ás empresas vinculadas co turismo e a cultura.

Primeira en España

Esta convocatoria, a cargo da Axencia Turismo de Galicia, foi a primeira en convocarse no conxunto do Estado e forma parte da liña de colaboración neste eido establecida entre a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS