domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta propón descontos na AP-9 ao goberno central

A Xunta propón descontos na AP-9 ao goberno central

O vicepresidente, Alfonso Rueda, avanza unha proposta de bonificacións das peaxes que incluirá a gratuidade na viaxe de volta e descontos do 60%.

 

Deste xeito, a Xunta presenta unha proposta de bonificacións das peaxes da AP-9 que incluirá a gratuidade na viaxe de volta dos vehículos lixeiros ou descontos do 60% para os vehículos pesados. Rueda avanzou este modelo de deducións para os 50 millóns de euros, consignados nos Orzamentos Xerais do Estado para descontos nas peaxes desta autoestrada, se traduzan nunhas bonificacións útiles e xustas e eviten o incremento de beneficios á concesionaria.

Así, durante a súa intervención, avanzou dúas das propostas da Xunta que se pretende contribúan a aliviar o peto dun amplo número de galegos, xa que AP-9 vertebra Galicia e é unha das autoestradas coas tarifas máis altas do país.

A proposta da Xunta prima as bonificacións aos usuarios recorrentes, coa gratuidade da viaxe de volta para os vehículos lixeiros que empreguen un sistema de telepeaxe, con independencia do día da semana que sexa. Ademais proponse aplicar un desconto adicional do 25% na ida para aqueles que volvan nun intervalo de 24 h, agás en domingos e festivos.

Por outra banda, a Xunta formula aplicar descontos do 60% en todas as viaxes, tanto na ida como na volta, para os vehículos pesados, pola especial consideración que merece o sector do transporte de mercadorías.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS