Será só unha proba piloto a que se fará este venres, 19 de febreiro, e servirá para por a proba o proceso que comezará o luns 22 de febreiro que permitirá vacinar a todos os galegos e galegas de máis de 80 anos que non vivan en residencias de maiores nin centros de discapacidade.
Un grupo reducido de persoas desa franxa de idade recibirán a vacina contra a COVID-19, segundo anunciou este xoves o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda.
Mentres continúa o proceso de citación por parte do Sergas de todas as persoas maiores desa franxa de idade.
As citacións iniciáronse polos apelidos que comezan por H, como se decidiu por sorteo ante notario.
Rueda valorou que a evolución da situación epidemiolóxica é «boa» pero aínda «insuficiente» tendo en conta a situación dos hospitais.