A Agrupación de Electores de Redondela chega a un principio de acordo co PSOE para facilitar un goberno de Digna Rivas, que se asinará ante notario e que carrexará unha multa de 100.000 euros se se incumpre.
Desde AER informan que este acordo produciuse despois de que o seu partido aceptase levantar o veto a Rivas a cambio de pactar unha serie de compromisos co obxectivo de beneficiar a toda a cidadanía de Redondela.
A negociación levada a cabo na noite deste mércores centrouse en catro puntos fundamentais. O primeiro deles era un acordo sobre o programa, no que socialistas e AER mostráronse en consonancia, aceptando as propostas centradas en medioambiente e a peonalización do municipio. O segundo punto é a entrada no goberno de AER, que dirixirá unha nova concellería de Infraestruturas e Sustentabilidade. O terceiro dos puntos céntrase na colaboración co resto das administracións, tratando de crear mesas de diálogo para conseguir melloras no transporte metropolitano ou un convenio cos Bombeiros de Vigo. O cuarto punto é un acordo notarial con penalización de 100.000 euros se se incumpre o pactado.
Neste apartado, desde AER recoñeceron que algúns aspectos non poderán quedar asinados #ante notario, sobre todo os relativos á colaboración con outras administracións, xa que non depende só do goberno local de Redondela.