A XX edición do Festival de Cans, que rematou a pasada fin de semana, rexistrou unha marca histórica de creación de emprego, ao chegar a 151 altas laborais. Esta cifra supera en máis dun 12% a da pasada edición, onde o certame xerou 134 empregos. Máis de 13.000 persoas pasaron polo certame ao longo dos seus cinco días de duración, sendo o día grande, o sábado 20 de maio, o de maior afluencia con máis da metade dos espectadores totais.
Podes escoitar a entrevista co director do Festival, Alfonso Pato, aquí: