sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoÉvame Oroza trae á xornalista testemuña da dictadura de Pinochet, Odette Magnet

Évame Oroza trae á xornalista testemuña da dictadura de Pinochet, Odette Magnet

O 11 de setembro de 2023 fánse 50 anos do golpe de estado contra o governo de Salvador Allende e do seu tráxico pasamento. A asociación Évame-Oroza trae a Vigo a Odette Magnet, xornalista, escritora e activista a prol dos dereitos humanos, testemuña daquela etapa transcendental da historia de América Latina, que dialogará con Alberto Avendaño, poeta e xornalista.

Agregada de prensa nas embaixadas de Chile en Washington, D.C. e Londres e agregada de prensa e cultura no Consulado General de Chile en La Paz, Bolivia, a súa carreira xornalística comezou nos anos duros da ditadura de Augusto Pinochet e forxouse no medio da violencia política que deixou pegada na súa historia persoal, marcada polo secuestro da súa irmá María Cecilia Magnet e o seu cuñado, Guillermo Tamburini, á man de militares arxentinos na súa vivenda de Bos Aires a madrugada do 16 de xullo de 1976. Os dous son parte das corenta vítimas chilenas que deixou a Operación Cóndor.

A partir dese momento consagrou o seu traballo a denunciar os numerosos e sucesivos casos de violencia e violación dos dereitos básicos pola ditadura de Pinochet.

Odette define a palabra como arma de resistencia, un instrumento contra o silencio e a invisibilidade, unha maneira de conxurar todo a inxustiza e terror. Na súa primeira novela, titulada Arena Negra, tamén aborda estas situacións que marcan o seu traballo xornalístico e literario.

Podes escoitar a entrevista completa aquí:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS