Entrevista co líder do Partido Popular na vila da Louriña, Santiago Rodríguez Dávila.
O Partido Popular de Salceda de Caselas foi o grupo que acadou máis votos nas eleccións que se celebraron o 28M. Polo tanto, o PP tivo un maior número de concelleiros e concelleiras, que en total suman 6. Con todo, este resultado non foi suficiente para acadar a maioría absoluta no Concello de Salceda. É por isto que, segundo explica o popular Santiago Rodríguez Dávila, «estamos falando co Partido Socialista de Salceda para que permita que o Partido Popular goberne o municipio como lista máis votada»
Podes escoitar a entrevista completa aquí:
Peza dos informativos: