Soutomaior, con 54 novos casos en COVID-19 en dúas semanas, rexistra unha incidencia de 727, a peor das bisbarras.
Pola súa banda, O Rosal, Crecente e O Covelo baixan o seu nivel de incidencia. No caso dos concellos do Baixo Miño diminúen ata rexistrar agora menos de 250 casos por cada 100.000 habitantes ao igual que Crecente. O Covelo é o que mellor situación epidemiolóxica rexistra pois non supera os 150 casos. Polo demais, continúa a tendencia á baixa na Área Sanitaria de vigo, aínda que son máis os municipios que se sitúan na zona de risco.
Na incidencia superior os 250 casos por cada 100.000 habitantes:
Redondela 115 (-9)
O Porriño 69 (-7)
Mos 62 (-2)
Ponteareas 58 (-10)
Soutomaior 54 (-3)
Tui 46 (-5)
O Tomiño 36 (-1)
Salceda de Caselas 24 (-5)
Mondariz 18 (-4)
Pazos de Borbén 17 (-5)
A Cañiza 15 (-1)
Oia 10 (-2)
Os concellos que se atopan nunha incidencia media son Arbo, Crecente, Fornelos de Montes e Mondariz Balneario con non máis de nove positivos novos en dúas semanas entre a súa veciñanza cadanseu. Ademais da Guarda e do Rosal, que se incorporan logo da actualización de Sanidade.
A Guarda 19 (-6)
O Rosal 15 (-5)
Vigo 572 (-69)
Nunha mellor situación epidemiolóxica atopanse os concellos do Val Miñor máis Salvaterra de Miño, As Neves e o Covelo xa que non superan os 150 casos por cada 100.000 habitantes.
Baiona 16 (-2)
Gondomar 16 (-2)
Nigrán 15 (-3)
Salvaterra de Miño 1-9
As Neves 1-9
O Covelo 1-9
205 casos menos na Área Sanitaria de Vigo
Así todo, a Área Sanitaria de Vigo é a segunda que máis descende logo da Coruña con 205 positivos menos activos en COVID-19 que onte, segundo o SERGAS. En total, 1621. A presión hospitalaria diminúe con 15 persoas menos ingresadas. 88 en camas convencionais e 23 en Unidades de Coidados Intensivos. Con todo, 5 persoas perderon a vida por mor do virus nas últimas horas.