Foi rescatada en bo estado a tripulación do pesqueiro Lajes do Pico, de armadora de Ribeira e bandeira lusa, que afundiu en augas das illas Azores.
Os mariñeiros conseguiron lanzar as balsas salvavidas e porse a salvo ata que foron auxiliados por outro pesqueiro que navegaba pola zona, o Algamar, tamén con bandeira de Portugal.
O Lajes do Pico é un pesqueiro do palangre construído en 1999 e ten unha eslora de 30 metros. A súa tripulación atópase noutro barco rumbo a terra.