domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcas"A saída Sur de Vigo é fundamental para a conexión coa Plisan"

«A saída Sur de Vigo é fundamental para a conexión coa Plisan»

A Xunta solicita ao Goberno central que licite un dos estudos informativos existentes da Saída Sur de Vigo, unha infraestrutura «clave», segundo Núñez Feijoo.

«Unha infraestrutura clave para a cidade, para Galicia e para a Eurorrexión», insistiu o titular galego, Alberto Núñez Feijoo, logo do encontro co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña. Salienta tamén que o informe elaborado pola Xunta acredita que a Saída sur de Vigo permitiría reducir custos de transporte; atraer novos tráficos de carga e descarga; e mellorar a conexión coa Plisan así como  incrementar a actividade portuaria un 6%.

Dun xeito máis concreto, sobre a Plisan, o presidente resalta que a Xunta, Porto e Zona Franca de Vigo seguirán traballando para buscar unha fórmula de comercialización das parcelas «que nos faga máis competitivos co país veciño».

En relación ao brexit, incide na necesidade de que o Goberno central dea resposta aos barcos que faenan no caladoiro do Gran Sol e, especialmente, nas augas das Malvinas. No eido da integración Porto-cidade, traslada que a Autoridade Portuaria de Vigo contará coa colaboración e cofinanciamento da Xunta no proxecto de humanización da avenida Beiramar ata Bouzas, co obxectivo de acondicionar un espazo transcendental para a cidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS