domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísUn plan de benestar emocional suavizará os efectos da COVID-19 nos colexios

Un plan de benestar emocional suavizará os efectos da COVID-19 nos colexios

O documento busca previr posibles problemáticas derivadas da pandemia tanto entre o alumnado, para que este tipo de situacións non afecten ao seu desenvolvemento académico, como no profesorado, a quen achega numerosas ferramentas cun enfoque pedagóxico, metodolóxico e sanitario.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe o Plan de Benestar Emocional, unha estratexia integral aprobada a pasada semana polo Comité Educativo que asesora ao Goberno autonómico, “que servirá para avanzar nun modelo no que os centros son moito máis ca un espazo de docencia, tamén lugares de convivencia nos que aprender valores como a confianza nun mesmo”.

O Plan de Benestar Emocional pon a disposición dos centros educativos 24 actividades para previr e atenuar a influencia da pandemia.
O obxectivo é suavizar o efecto da COVID-19 no desenvolvemento académico, reforzar a autoestima e favorecer as actitudes positivas fronte aos problemas. O Plan inclúe tres fases: detección, fortalecemento da resiliencia e as competencias emocionais e consolidación e preparación do próximo curso. Ademais, distribúe propostas didácticas en catro eixos -Conecta, Respecta, Regula e Vive- para facilitar a súa aplicación sinxela por parte de todo o profesorado.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS