O Polvorín, o pavillón municipal da Cañiza, onde xoga o Club Balonmán Cañiza cando lle toca loitar na casa, xa non ruxe. As bancadas están baleiras e os xogadores botan de menos á súa afección. Ao non vender entradas, a economía do club tamén minguou.
Os clubs deportivos da bisbarra que non tiveron que abandonar a competición nas últimas semanas por estaren en ligas nacionais sofren tamén as consecuencias da pandemia da COVID-19.
O Club cañicense tamén o nota nos seus ingresos. Ao non poder vender entradas a súa financiación vese minguada.
O Balonmán Cañiza está nun histórico cuarto posto da 1ª Nacional e este sábado, ás da tarde, recibe na casa ao líder, o Calvo Xiria. Para sentir o apoio dos seus seguidores lanza unha campaña nas redes sociais co hastag #quendixomedo á espera de recibir imaxes e vídeos de apoio. Os participantes entrarán no sorteo dunha bufanda oficial do club e uns calcetíns personalizados.
Con todo, os equipos de ligas nacionais saben que os seus sacrificios son menores que os dos clubs que tiveron que deixar a práctica deportiva polas restricións para conter os contaxios.
Agora chega un alivio. Os clubs federados que compiten a nivel autonómico poden retomar os encontros.